Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Convocada polos tres sindicatos

Milleiros de gandeiros acoden á protesta de Santiago contra a redución dos prezos

Prognóstico de "masiva" para a mobilización deste mércores fronte á caída "sen precedentes" dos ingresos pola venda do leite e a carne.

Redacción / Europa Press - 09:00 30/04/2008

"Non queda máis remedio que a mobilización", reflexionaba este martes o secretario xeral de Xuventudes Agrarias, Francisco Bello, quen insistía en que, de non chegar a un pacto dun prezo de referencia, a solución pasará, no caso do sector lácteo, por deixar de entregar o leite e impedir que se utilice o almacenado.

No entanto, Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego mostráronse máis reticentes ao respecto. Deste xeito, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, matizou que "sería suicida" deixar de entregar o leite só en Galiza, porque a industrias abasteceríanse coa doutros puntos do Estado.

De feito, avogou por que, de levarse á práctica a ameaza, se faga a nivel estatal e estudando ben cal sería o mellor período para realizala. En todo caso, manifestou a súa confianza en que en maio "haberá acordos". "Estou convencido de que co esforzo da Xunta, que me consta que está a facer, co sentido común das industrias e coa racionalidade dos produtores estamos condenados a entendernos", reflexionou.

Convocatoria "unitaria" e "masiva"
Agárdase un amplo seguimento da convocatoria deste mércores en Compostela, despois dun chamamento á participación "masiva e pacífica" nesta manifestación conxunta, da que existen "poucos antecedentes" e que tivo como previa dúas concentracións, unha en Lugo o día 17 e outra en Ourense, o 25.

O prezo do leite para o gandeiro caeu nos últimos dous meses en nove céntimos de euro, mentres que os custos de produción aumentaron un 35% nos últimos meses. Con respecto á carne, advertiron de que a maioría de explotacións "sobreviven" grazas ás subvencións. Ademais, estas están situadas nas zonas máis montañosas, polo que o risco de despoboamento é aínda maior.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: