Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Axudas crediticias

As hipotecas poderán ampliarse sen custe durante dous anos máis

Con esta medida asinada polos ministerios de Economía e Xustiza, búscase axudar ás familias con dificultades hipotecarias.

Redacción - 19:08 29/04/2008

Co fin de axudar ás familias con dificultades hipotecarias, os representantes dos ministerios de Economía e Xustiza firmaron na mañá do martes un acordo polo que as operacións de prazo de amortización dos préstamos hipotecarios se realizarán sen custe algún durante un período de dous anos, sempre e cando a entidade e o cliente estean de acordo.

As entidade crediticias comprometéronse a non cobrar comisións por estas operacións, mentres que os notarios e rexistradores eliminarán os aranceis. Os interesados poderán obter máis información sobre trámites e implicacións nas páxinas dos ministerios de Economía e Facenda e Xustiza.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: