A canteira do país demostrou o que vale máis un vez, desta volta en Madrid, gañando dous ouros, tres pratas e tres bronces.
A selección galega de judo volveu demostrar, a pasada fin de semana, que a canteira está moi viva e que vale o seu peso en ouro... Ouros, dous; pratas, tres e bronces tamén tres, esta é a listaxe de medallas que trouxeron os deportistas do Campionato Estatal sub 23 que se desenvolveu en Torrejón (Madrid), esta fin de semana.
As dúas medallas de ouro foron para a luguesa Sara Álvarez e a coruñesa Carla Mosquera, dúas grandes promesas do judo galego. Polo seu lado Jesús Maquieira, que viña defender o seu título de campión, conseguido o ano pasado, tivo que se conformar coa medalla de prata, posto que acusou moito o tempo que estivo sen adestrar por mor do traballo.As outras dúas medallas de prata foron para Alejandro Sanmartín e para Rubén Perrino.
Os bronces conseguíronos Diego Abad, Paula Vilacoba e Elda García que demostraron, como o resto do equipo, o seu gran nivel.