Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
a superación no deporte

O baloncesto en cadeira de rodas galego triunfa en Europa

O Vital Vigo Amfiv xogaba a final da Copa Willi Brinkmann, pero a pesares de perder por un só punto no último minuto, demostrou o que vale, aínda que non chegase a boa sorte.

Redacción - 17:43 28/04/2008

Era a segunda vez que o clube de baloncesto en cadeira de rodas, o Vital Vigo Amfiv, chegaba a esta gran final europea, e, por segunda vez, a boa sorte non estaba do lado dos vigueses.

Hai xusto tres anos a vitoria tamén se esvaecía ante idéntico rival, o Pádova italiano Desta volta o partido escapoulles das mans aos vigueses por só un punto que os italianos conseguían remontando os tres que lles sacaban os vigueses nun só minuto. O marcador quedaba 66-65.

O Pádova gañaba a Copa Willi Brinkmann facendo a final especialmente dura para o equipo vigués que a un minuto da final gañaba de catro. Os galegos pensaron que xa o tiñan todo feito, e a mala sorte nos últimos segundos tiroulles a vitoria das mans.

O subcampionato, aínda que os sitúa como un dos mellores clubes de Europa, sóubolles a pouco aos xogadores do Vital Vigo Amfiv.

Marcadores:
VITAL VIGO AMFIV: 65
Moncho (3), Olivier (10), Tedi (12), Lorenzo Envo (24), Lalo (10) -cinco inicial-, Cristian (4), Viki (2) e Alberto Abalde.

PÁDOVA MILLENIUM: 66
Culea (3), Moukharik (19), Bargo (6), Giro (2), Cavagnini (32) -equipo titular-, Bernardis (2), Dal Fitto (2) e Ianin.

Parciais: 19-18, 18-13, 12-20, 16-15.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: