Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premios Nacionais da Cultura

Máis de duascentas propostas (e aínda faltan as túas!)

A consellaría salienta o "alto grao" de participación desta primeira edición. A quen lle darías ti os premios?

Redacción - 13:27 26/04/2008

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, apostou este sábado pola "continuidade" no tempo dos Premios Nacionais da Cultura e valorou o "alto grao" de participación, posto que, na súa primeira edición, acumulan xa máis de 200 propostas.

Ademais, en declaracións aos medios tras a constitución do xurado en Compostela, asegurou que esta cifra aumentará ao longo da próxima semana debido a que están pendentes de reconto as candidaturas presentadas nas diferentes delegacións da consellaría.

Bugallo agradeceulles ás diferentes entidades, persoas físicas e asociacións que presentaron propostas o seu "excelente" nivel de participación, nuns premios que "representan a riqueza cultural de Galiza".

Propón ti
En Vieiros queremos que os nosos lectores teñan igualmente a posibilidade de realizar as súas suxestións, de expresar a súa opinión. Para facer as propostas abonda con estar rexistrado como usuario, dar un nome e, de xeito breve, explicar as razóns polas que merece ser distinguido co premio. Xa que logo, ti quen cres que merece os Premios Nacionais?



5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: