Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Copa Galiza de fútbol

Ao final a final queda para maio, e hase xogar en Ourense

A Dirección Xeral para o Deporte mediou entre os representantes do Celta, do Dépor e da Federación Galega de Fútbol para escoller, finalmente, a data e o lugar.

Redacción - 16:48 25/04/2008

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, xuntouse cos representantes do Celta e do Dépor e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana, e entre os catro resolveron deixar a final da Copa Galiza para o vindeiro 20 de maio, e como lugar escollerton Ourense (o Campo do Couto).

No caso de que o Celta teña posibilidades de loitar polo ascenso, aprazaríase a final até comezos da próxima vindeira tempada.

Dende Deporte salientan que os representantes dos dous clubes "amosaron en todo momento a súa boa disposición" para atopar o mellor día para a disputa da final, "de xeito que poidan competir os dous equipos co mellor equipo posíbel".


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: