Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NA ESGUEVA (O CARBALLIÑO)

Unha república independente para os poetas

O Día do Libro presentouse 'A Insua dos Poetas', un espazo de cinco hectáreas cedido por Luís González Tosar, que acollerá actividades culturais.

Redacción - 12:20 25/04/2008
Luis González Tosar

Luis González Tosar

A Insua dos Poetas é unha leira dunhas cinco hectáreas, cen ferrados, 50 mil metros cadrados, cedidos por Luis González Tosar para que, a xeito da Ínsula Barataria que o Don Quixote lle prometía a Sancho, se convirta en territorio libre, neste caso para a cultura. González Tosar cedeulle este espazo á Deputación de Ourense "para uso público, cultural e literario" co obxectivo de que se converta nun "espazo para a literatura universal, que é liberdade".

Está situado na Esgueva, lugar da parroquia de Madarnás, no Carballiño. O Día do Libro serviu para presentar publicamente o espazo, ao que se achegaron 150 estudantes dos centros escolares próximos, que leron poemas de Curros Enríquez e Luis Pimentel, entre outros autores. Na Insua, para a que se están deseñando aínda instalacións, celebraranse datas como o 17 de maio, ou o Día Mundial da Poesía (21 de marzo). O espazo será xestionado por unha irmandade da que formarán parte personalidades do ámbito cultural, e institucións e asociacións como a Fundación Curros Enríquez, a Real Academia ou o Consello da Cultura Galega.


2,93/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: