Os datos oficiais revelan que no conxunto do Estado hai 246.600 novos desempregados. Só Euskadi e Estremadura reduciron o número de parados.
Os meses de xaneiro, feberiro e marzo foron malos para o mercado laboral do país. A desaceleración económica e a crise no sector inmobiliario estanse a traducir en perdas de postos de traballo. Segundo datos oficiais, os tres primeiros meses do ano deixaron 11.900 parados máis.
A nivel estatal o número de novos parados neste período ascende a 246.600, o que deixa a taxa de desemprego en 9,6%, a máis alta dos tres últimos anos. Só Estremadura e Euskadi foron quen de reducir o seu número de parados no primeiro trimestre. Pola contra, Cataluña (39.000), Canarias (38.900), Andalucía (37.500) e Madrid (34.400) son as comunidades máis afectadas á hora de falar de incremento da cifra de desempregados.