Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Loita polo poder no partido

A presión de Aguirre para mudar os estatutos do PP pon a Feijoo no punto de mira

O líder do PPdeG, que será un dos encargados de reformular eses estatutos, evita pronunciarse ao respecto.

Redacción / EP - 09:00 24/04/2008

Alberto Núñez Feijoo evitou valorar a presión trasladada desde os sectores afíns a Esperanza Aguirre, que pretenden os cambios necesarios nos estatutos do partido para que, entre outras cousas, o candidato que o PP leve nos carteis nas eleccións xerais de 2012 sexa elixido a través dunha votación da militancia en primarias.

Alberto Núñez Feijoo é un dos responsábeis designados por Mariano Rajoy para esa tarefa de redeseño estatutario interno. Os outros son Rosa Estarás, presidenta do PP balear, e Alfonso Mañueco, conselleiro en Castela e León. A Feijoo vaille tocar a defensa da posición oficial deseñada polo equipo de Rajoy, do que el é estreito colaborador, fronte ás achegas dos compromisarios. Entre esas achegas destaca a xurdida desde Madrid, do ámbito próximo á presidenta madrileña Esperanza Aguirre.

O PPdeG conta con chegar con todo amarrado ao congreso coruñés do 31 de maio
Por outra parte, a Xunta Directiva do PP da Coruña convocou o congreso provincial para o próximo 31 de maio. Aló, a militancia deberá decidir sobre o relevo de Juan Juncal. O presidente do PPdeG sinalou que a súa "maior aspiración" para o actual líder do PP local da Coruña, Carlos Negreira, é "que sexa o próximo alcalde". Recordou Feijoo que el "non poderá" votar a favor ou en contra de que se lle nomee presidente provincial ao relevo de Juan Juncal, algo que "decidirán os militantes coruñeses". O voceiro municipal coruñés, Carlos Negreira, evita postularse até estar seguro de contar coa unanimidade.
Núñez Feijóo explicou que se trata dunha decisión "moi meditada" do actual presidente provincial "para renovar o equipo que dirixa, coordine e direccións" ao PP da provincia coruñesa, e que se fará dentro dun congreso "de forma democrática, ao igual que cando foi elixido". "Convocar un congreso é a mellor forma que ten un partido de renovarse, a través da democracia interna e da participación de todos os afiliados", considerou.


2,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: