Os construtores lugueses súmanse a ofensiva e aseguran que é “imposíbel” que as directrices de Vivenda poidan manterse.
A guerra política contra as Normas do Hábitat elaboradas pola Consellaría do Hábitat e aprobadas polo Consello da Xunta non se detén. Despois de que a Fegamp ameazase con levar a iniactiva aos tribunais, este luns o PPdeG anunciou que vai presentar mocións en todos os municipios do país para que se “derrogue” de inmediato. Os conservadores insisten en que as medidas para garantir vivendas máis habitábeis pode encarecer os prezos até un 30%.
O conservador Perfecto Conde, vicepresidente da Fegamp, insiste en que a normativa é “intervencionista” e que invade as competencias dos concellos, algo que tamén comparten os alcaldes socialistas e que está a causar un profundo malestar no BNG.
A Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo tamén bourou contra as Normas do Hábitat. O seu presidente, Hipólito Trinidad, dixo estar convencido que é imposíbel que saian adiante no tempo”. O representante dos construtores atacou á Xunta dicindo que “dende un despacho en Santiago é moi fácil sacar normas e leis, sobre todo xente que na vida pisou unha obra. Se nos escoitasen dende o principio, estou seguro de que estas normas serían distintas”.