A novela de Teresa Moure confírmase como unha das obras galegas con meirande proxección internacional.
Tradución da novela ao neerlandés
Herba Moura será Le tre donne di Cartesio en Italia, editada en tapa dura pola editorial Corbaccio, que fará unha primeira edición de catorce mil exemplares. Ao tempo, a novela publícase tamén en holandés, na editorial Signatuur, baixo o título de Nachtschadem e unha edición de tres mil exemplares.
A obra coa que Teresa Moure obtivo o Premio Xerais en 2005 foi xa traducida a cinco linguas, comezando polas edicións en castelán (Hierba Mora, Lumen, 2006), catalán (Herba d'enamorar, La Campana, 2006) e portugués. En galego a novela, publicada por Xerais, chegou xa ás catro edicións.