O 92% das ATS, auxiliares de enfermería e celadores do Sergas, teñen padecido algunha lesión musculoesquelética con dores que se prolongaron máis de tres meses. Estes datos foron facilitados polo sindicato CC.OO. tras realizar unha enquisa nos centros sanitarios.
Este tipo de lesións resegundopresenta a primeira patoloxía da saúde laboral do sector, sempre sengundo o sindicato. Os primeiros factores desencadenantes destas dores son, o esforzo ó levantar pesos e as posturas incorrectas realizadas nos traballos no hospital. Dos operarios afectados, máis dun tercio, asistiron á consulta médica debido a dor, mentres que un dezaoito por cen, precisou medicación e caseque un tres por cento tivo que ser intervido. Tras facer un estudio destes resultados, CC.OO., esixiu á administración galega que cumpra o regulamento de manipulación de cargas e outras materias para evitar o aumento das lesións musculoesqueléticas. O sindicato, tamén solicitou o desenvolvemento da actividade dos Comités de Seguridade e Saúde e a posta en marcha dos Servicios de Prevención. Esta enquisa, revelou tamén o perfil do traballador das Unidades de Medicina Interna nos hospitais públicos. Case sempre, unha muller de entre 35 e 39 anos, cunha media de dous fillos e das que caseque a metade posúen titulación de FP ou Bacharelato.