Todos os venres o museo vigués ofrece actuacións de grupos e solistas que actúan no interior dunha obra 'viva' de Peter Coffin.
"O silencio é a música das plantas, pero non nos enganemos; o silencio ten moitos matices: dende o silencio máis absoluto ata o máis resoante, do máis escuro ao máis brillante, hai silencio natural e artificial (...) O concerto para plantas e electrónica será unha homenaxe ao reino vexetal e aos seus diferentes ámbitos; trátase dunha serie de estampas ou ambientes sonoros creados a partir de dispositivos electrónicos e en total complicidade coas plantas". Así definía David Vascónez o concerto que ofeceu este venres no Marco de Vigo, dentro do ciclo de Música para plantas que o museo está a ofrecer esta primavera.
En paralelo á exposición 'Paraísos indómitos', o Marco ofrece a obra Sen título (Greenhouse), realizada por Peter Coffin en 2002. Trátase dun invernadoiro no que crecen plantas, e dentro do que se realizan concertos de música. Dende marzo, todos os venres artistas e grupos como Ectoplasma ou 2uS (dous) están ofrecendo a súa música entre os habitantes do invernadoiro, música con raíces.
Despois do concerto de Vascónez, aínda quedan por diante catro actuacións: