Especialistas de varias universidades e institucións colaboran na reformulación da proposta em favor da inclusión das Tradicións Orais Galego-Portuguesas na futura lista indicativa da Unesco.
Despois do primeiro intento, de exitosa repercusión, a Unesco recoñeceu a calidade da candidatura galego-portuguesa e animou os promotores da iniciativa, Ponte nas Ondas, a presentárena de novo en canto se abrise outra vez o proceso. Com esa fin, a Unesco definiu tamén unhas recomendacións, baseadas fundamentalmente na idea de concentrar a atención nun conxunto concreto de manifestacións do patrimonio inmaterial galego-portugués "intensificando" as medidas propostas sobre esas expresións culturais específicas.
Con ese obxectivo traballan xa os expertos convidados polo colectivo Ponte nas Ondas para a elaboración do dossier que lle achegarán á Unesco. Na tarefa colaboran Álvaro Campelo, doutor en Antropoloxía, Profesor da Universidade Fernando Pessoa do Porto e Director do Centro de Antropoloxía Aplicada, da mesma Universidade; Xosé Manuel González Reboredo, membro do Consello da Cultura Galega, Director do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego; Alexandre Parafita, doutor en Cultura Portuguesa pola Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e investigador Integrado no Centro de Tradições Populares Portuguesas da Universidade de Lisboa; António Reigosa, especialista en Literatura de Tradición Oral no Museo Provincial de Lugo, escritor e director do portal de Internet sobre o patrimonio lendario galego “Galicia Encantada”; e Carlos Nogueira, outor en Literatura Portuguesa pola Universidade do Porto e investigador de Literatura Oral Tradicional.
A primeira proposta foille xa enviada ao Ministerio de Cultura de Portugal, do que se espera a implicación directa para a presentación da inscrición da candidatura galego-portuguesa antes de que remate o prazo o próximo 30 de agosto.