O equipo compostelán recibe ao penúltimo clasificado coa necesidade de gañar. As baixas complican estes obxectivos.
Fican aínda cinco xornadas para o final do campionato cunha clasificación moi igualada. O Beirasar Rosalía vai de sétimo, con 15 vitorias e preto da zona da táboa que ten de opcións a xogar os play-off de ascenso.
Por iso, porque hai moitos competidores para chegar ao ascenso, as vitorias todas que poidan chegar son benvidas. Esta sexta feira agárdase que chegue unha nova contra o Gandía, un rival difícil.
Esta sexta feira ás 21:00 horas no Multiusos do Sar comeza o partido Beirasar Rosalía-Aguas de Valencia Gandía. No anterior encontro venceron os composteláns, que, ademais, superaron a barreira dos 100 puntos (a única vez na liga), gañando por 85-102.
E o Leite Río Breogán...
O Breogán, que vai cuarto na Liga LEB Ouro, segue na súa situación tranquila, mais cun partido complicado en Lleida, pola importancia que ten a vitoria para os locais e porque sen Davis os de Lugo perderon a un dos seus referentes até que termine a tempada, e este feito pode pasar factura.