Estará aberta ao público até domingo na Praza Rodríguez Cadarso, no Campus Sur. A semana que vén volve abrir de quinta feira a domingo.
Ás 12:30 horas desta sexta feira ábrese a carpa "Galiza nos Xogos Olímpicos" que está situada na Praza Rodríguez Cadarso no Campus Sur compostelán. O vindeiro domingo pecha (para volver abrir a semana que vén, de quinta feira a domingo), pero antes están organizadas unha chea de actividades relacionadas cos olímpicos galegos.
De feito, o día da apertura vai estar a selección galega de taekwondo, que ofrecerá unha exhibición do seu traballo, que a levou a ser unha das mellores de Europa. Tamén han estar a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a campioa de Europa de taekwondo, a ribeirá Fani Hernández, acompañadas polas xogadoras do Pío XII e do Autos Lobelle.
Alén da exhibición taekwondista, tamén haberá outras de loita e unha ampla zona na que practicar varios deportes, como o baloncesto, o futsal, o voleibol, o balonmán...).