Os "leões" gañaron por 5 a 3. 18 de maio saberase quen gaña o trofeo portugués.
Imaxes do Sporting-Benfica
O Sporting de Lisboa e o FC Porto han xogar, o vindeiro 18 de maio, un contra o outro pola Taça de Portugal.
O Sporting pasou á final despois de ter derrotado ao Benfica por 3-5 no Estadio José Alvalade.
Ao comezo, o Benfica ía gañando por 2-0, con goles de Rui Costa (19') e Nuno Gomes (30'), mais o Sporting deulle a volta ao marcador no segundo tempo. Yannick, no minuto 67; Liedson no 76 e Derlei no minuto 79 meteron os goles que consumaron o cambio total no marcador.
Rodríguez, no minuto 82, empatou para o Benfica, mais Yannick de novo, no 84 marcou o tanto que colocou de novo aos "leões" en vantaxe. Despois chegaría o triunfo co gol de Vukcevic.