Até o día 27 de abril pasarán pola cidade grupos de nove países ofrecendo máis de trinta representacións.
A Mostra inaugurouse o venres 11 cunha macrorepresentación nas rúas de Ourense na que participaron corenta artistas de tres compañías, que se foron sucedendo na Rúa do Paseo nun espectáculo que durou até a noitiña, momento en que comezaron as postas en escana no Teatro Principal. Alí os ourensáns Cordelia representaron a súa obra Á deriva e Quico Cadaval fixo o mesmo con A vida dura.
As representacións continuaron ao longo da fin de semana, a cargo de grupos de teatro universitario de Alacante, Badaxoz, e Ucraína e Bielorrusia. O MITEU chega este ano á súa décimo terceira edición, enchendo de teatro durante dezaseis días o Principal, pero tamén outras localizacións da cidade, coma o Café Auriense, o Auditorio e o Campus univesitario ou as propias rúas de Ourense. Na mostra participan grupos chegados de todo o Estado Español (Madrid, Valencia, Zaragoza, Alacante ou Badaxoz) e Portugal (Aveiro, Coímbra, Covilha ou Lisboa), mais tamén doutros países, como Bélxica, Ucraína, Arxentina ou os Estados Unidos.
Programa para os vindeiros días
Luns 14
21.00. Teatro Social C.P. Pereiro de Aguiar: Sempre hai alternativas. Teatro Principal
23.00. David Amor: Non censure. Teatro Principal
Martes 15
20.30. Teatro Rastilho, Lisboa: Othello. Teatro Principal
Mércores 16
20.30. Aula de Teatro de Santiago: As Raíñas. Teatro Principal
23.00. Che y Moche, Zaragoza: Oua-Umplute. Auditorio
Xoves 17
19.00. Músicos da India Om/Off: Sociedade e arte na India. Torga
20.30. Aula de Teatro da Coruña: Ubú Rei. Teatro Principal
23.00. Leo Bassi: La Revelación. Auditorio
Venres 18
20.30. CITAC, Coímbra: O Avarento. Teatro Principal
23.00. Músicos da India Om/Off: Sociedade e arte na India. Auditorio