Tamén foron galardoados a Libraría Trama, o IES de Sanxenxo, o Pen Clube e Faro de Vigo.
Este sábado falláronse en Sanxenxo os XVII Premios Irmandade do Libro, convocados pola Federación de Libreiros de Galicia. O xurado acordou premiar as seguintes entidade e persoas en cada modalidade:
-Libro do ano 2007: 'O Señor Lugrís e a Negra Sombra' de Luis Rei Núñez (publicado en Xerais)
-Obra Editorial 2007: ' De provincia a nación. Historia do galeguismo político', de Justo Beramendi (Xerais).
-Autor: Xosé María Álvarez Cáccamo
-Libraría: Libraría Trama de Lugo
-Medios de Comunicación e Novas Tecnoloxías: Suplementos culturais e pedagóxicos de Faro de Vigo.
-Centros de Ensino: IES de Sanxenxo (tamén houbo accésits para o CEIP Emilia Pardo Bazán, de Vigo; e para o IES Álvaro Cunqueiro da mesma cidade.
-Institucións: PEN Clube de Galicia.
O xurado estivo composto por Xaime Carlos Corral (presidente da Federación de Libreiros de Galicia), Xurxo Patiño (Secretario da mesma entidade); María Xesús López Escudeiro (delegada da Consellaría de Cultura en Pontevedra); Inma López Silva (escritora e membro da Asociación de Críticos de Galicia); Luciano Rodríguez (profesor da UDC); Isabel Blanco (bibliotecaria); e Rafael Silva (libreiro).