O presidente español nomea por vez primeira unha muller como ministra de Defensa, Carme Chacón, e mantén a conrovertida Magdalena Álvarez en Fomento.
O presidente do goberno español decidiu o reparto de carteiras ministerais. Os tres galegos que formaron parte do último executivo estatal seguirán no novo executivo. Elena Espinosa volverá asumir Agricultura e Pesca, pero ve reforzado notabelmente o seu ministerio ao asumir tamén as competencias en Medio Ambiente. Elena Salgado e César Antonio Molina proseguen como ministros de Administracións Públicas e Cultura, respectivamente.
Entre as principais novidades do novo goberno está o nomeamento de Carme Chacón (PSC) como ministra de Defensa, a primeira muller na historia do Estado Español que toma o mando deste departamento. Tamén destaca a saída do ministro de Traballo de Jesús Caldera e a continuidade da controvertida ministra de Fomento, Magdalena Álvarez. O executivo conta por vez primeira con máis mulleres ca homes. O vindeiro luns tomarán poesión dos seu cargos.
Composición do novo goberno español (datos dos membros do executivo):
-José Luís Rodríguez Zapatero. Presidente.
-María Teresa Fernández de la Vega. Vicepresidenta primeira.
-Pedro Solbes. Vicepresidente segundo de Economía e Facenda.
-Alfredo Pérez Rubalcaba. Ministro de Interior.
-Carme Chacón. Ministra de Defensa.
-Elena Espinosa. Ministra de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente.
-Elena Salgado. Ministra de Administracións Públicas.
-Celestino Corbacho. Ministro de Traballo e Inmigración. (Nova incorporación)
-Bibiana Aído. Ministra de Igualdade. (Nova incorporación)
-Cristina Garmendia. Ministra de Investigación e Desenvolvemento. (Nova incorporación)
-Miguel Sebastián. Ministro de Industria, Turismo e Comercio. (Nova incorporación)
-Mariano Fernández Bermejo. Ministro de Xustiza.
-Bernart Soria. Ministro de Sanidade.
-Miguel Ángel Moratinos. Ministro de Asuntos Exteriores.
-Mercedes Cabrera. Ministra de Educacións, Asuntos Sociais e Familia.
-César Antonio Molina. Ministro de Cultura.
-Magdalena Álvarez. Ministra de Fomento.
-Beatriz Corredor. Ministra de Vivenda. (Nova incorporación)