O prazo para presentar proxectos é de 32 días dende a súa publicación no DOG.
A pasada quinta feira 10 de abril publicouse no DOG a orde do 31 de marzo de 2008, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas este ano.
O prazo de presentación das solicitudes é de 32 días naturais contando a partir do día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Poderán ser beneficiarios de subvención as seguintes entidades: clubs deportivos que participen regularmente en competicións oficiais convocadas polas correspondentes federacións deportivas; agrupacións deportivas escolares organizadoras da campaña do deporte escolar xunto coa Dirección Xeral para o Deporte.