Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PUBLICAN UNHA FOTOBIOGRAFÍA SONORA DO POETA

Ver e escoitar a Celso Emilio

Ouvirmos presentará o 16 en Pontevedra un libro e dous cedés, con textos lidos polo propio autor e coas cancións feitas a partir dos seus poemas.

Redacción - 17:58 09/04/2008

Non é a primeira vez que o selo discográfico Ouvirmos publica un traballo deste tipo. Hai tres anos publicou a fotobiografía sonora de Manuel María, que tiña a mesma estrutura que a que o vindeiro mércores 16 presentará en Pontevedra sobre Celso Emilio. Trátase dun libro no que destaca unha amplia selección de fotografías sobre o poeta, ao redor de 120, ademais dunha breve interrupción a cargo de Ramón Nicolás.

Ademais, o máis novidoso destas iniciativas son os cedés de audio que acompañan o libro; nun deles inclúense as gravacións que o propio Celso Emilio Ferreiro realizou lendo os seus poemas, no outro recompílanse quince cancións realizadas por outros tantos grupos e artistas, como Fuxan Os Ventos, Los Tamara, María Manuela, Suso Vaamonde e diversos integrantes de Voces Ceibes. Ademais, inclúese unha versión realizada por Dios ke te Crew, Deitado frente o mar, gravada expresamente para este disco. O disco ábrese cunha introdución realizada por Xurxo Souto, que explica o contexto no que foron compostas as cancións a raíz dos poemas de Celso Emilio Ferreiro.

O libro e os dous cedés, orientados tanto cara ao seu consumo particular como cara aos colexios e institutos, terá un prezo de 39 euros.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: