Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PRESENTACIÓN NO PARLAMENTO EUROPEO

Un avión dará a volta ao mundo impulsado por enerxía solar

A aeronave, que se está a construír en Suíza, evitará o consumo de combustíbel e a emisión de gases á atmosfera.

Redacción - 14:05 09/04/2008
Unha imaxe do prototipo

Unha imaxe do prototipo

Esta cuarta feira preséntase no Parlamento Europeo un prototipo de avión propulsado exclusivamente por enerxía solar. O vehículo, un ultralixeiro de 1.500 quilos de peso, aspira a dar a volta ao mundo sen usar nin unha pinga de combustíbel.

A aeronave presentarase durante a conferencia 'Cara a unha aviación máis duradeira' e forma parte do proxecto Solar Impulse. Os máximos responsábeis da iniciativa, Bertrand Piccard e André Borschberg, falarán dela perante os eurodeputados europeos e os representantes do Executivo comunitario, entre eles o comisario de Transporte, Jacques Barrot. No acto tamén se proxectará un documental sobre a construción do avión e exhibirase unha maqueta.

A Comisión Europea é patrocinadora da aeronave HB-SIA, que se está a construír preto da cidade suíza de Zúric e que funcionará tanto de día como de noite coa enerxía do sol. O proxecto ten como obxectivo dar a volta ao mundo sen emitir gases contaminantes. Aínda que Bruxelas non financia a iniciativa directamente, si a apoia pola importancia de ser un proxecto limpo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: