Telefónica Data anunciou onte o lanzamento dunha nova oferta: ofrece o servicio MegaVía ADSL por 6.000 pesetas ao mes, incluíndo (de balde) a cota de alta, a instalación do cableado e o módem para quen contrate este servicio antes do 31 de maio. Este é un servicio dirixido a provedores e a empresas, polo que o prezo será máis alto para o usuario final. O ADSL é unha tecnoloxía de módem que transforma as liñas telefónicas ou o par de cobre de abonado en liñas de alta velocidade. Polo de agora, segundo se indica na súa web, en Galicia este servicio só está dispoñible en Vigo, aínda que anuncian que estará "proximamente" tamén na Coruña.
.