Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Para garantirlles os éxitos ás promesas galegas

Segue a colaboración de Deporte coas federacións

Desta volta asinouse un convenio coa Federación Galega de Baloncesto e a de Balonmán para o desenvolvemento da tecnificación deportiva.

Redacción - 18:15 07/04/2008

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, asinou estas segunda feira o protocolo de colaboración coas Federacións Galegas de Balonmán e Baloncesto para o desenvolvemento da tecnificación deportiva nestas dúas modalidades deportivas.

Para Souto, no deporte galego existe unha importante necesidade de "apostar pola base", para que os "éxitos reais" que están a acadar as categorías inferiores de ámbolos dous deportes se vexan reflectidos no futuro nos clubes de elite.

A directora xeral para o Deporte tamén desvelou que se chegou a un acordo de colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude para que tamén se involucre no proxecto e para que esta iniciativa vaia alén do deporte.

Dando "saltos de calidade nos equipos de base"
A carón de Marta Souto estaban Jesús Pedrido Conde, vicepresidente da Federación Galega de Balonmán (FGBm), e Alberto Zatoy Gómez de Liaño, vicepresidente segundo da Federación Galega de Baloncesto (FGB), que agradeceron o apoio que a Dirección Xeral para o Deporte está facendo.

Os dous representantes das federacións tamén se amosaron agradecidos de que esta iniciativa, como dixo Pedrido Conde, vai permitir "dar un salto de calidade nos equipos de base", que pode fortalecer o deporte de elite en Galiza, a través da formación deportiva dos máis pequenos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: