Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Vitoria galega na Copa de España de Pista

Tres de tres para o Kayak Tudense

O clube pontevedrés vai con paso firme, liderando a clasificación, seguido doutro galego, o Breogán.

Redacción - 16:45 07/04/2008
Un momento da regata (senior masculino) / Imaxe: José Paredes

Un momento da regata (senior masculino) / Imaxe: José Paredes

O Kayak Tudense conseguiu a súa terceira vitoria consecutiva da tempada na Copa de España de Pista, e van tres de tres. Ademais, o clube pontevedrés levou dez medallas (3 de ouro, 4 de prata e 3 de bronce) o pasado domingo en Mérida, na regata estatal dos 500 metros.

O Kayak Tudense sumou 452 puntos ao terminar a regata, sacándolle 152 ao seu perseguidor máis inmediato, o meco Breogán Outón Xunqueiriña. Cuartos foron outros galegos, os d'As Torres Romería Vikinga de Catoira. E o novo clube de Carlos Pérez Rial, Perucho, o Náutico o Muíio de Ribadumia foi sexto, con 148 puntos, grazas, entre outras cousas, ao ouro do palista, que está a prepararse para o Campionato de Europa de Milán, clasificatorio para os XXOO (onde competirá a carón de Saúl Craviotto no K-2; e tamén con Craviotto, Llera e Vindel en K-4).

Detrás de Perucho entrou Jovino González, que conseguiu a prata.

Medallas tamén para as galegas
En C-1 tamén houbo un gran nivel, demostrado polo ouro do tudense José Luís Bouza, que entrou de primeiro, seguido de Damián Ramos, do Breogán (prata) e de Miguel Rodríguez Galbán, do Piragüismo Rianxo (bronce). Tono Campos, Fredi Bea, José Manuel Sanchez e David Mascato, os cuatro do Breogán, entraron despois do Rianxeiro na liña de meta. Na categoría feminina tamén houbo un boísimo nivel. Por detrás da sevillana Beatriz Manchón entrou Teresa Portela (prata) e, a seguir, Sonia Molanes (bronce). As tres debúllanse como protagonistas da clasificación española para as Olimpíadas de Beixín.

En K-2, Carlos Pérez e Rodrigo Tiebo conseguiron a prata; e en C-2 o ouro foi para Bea e Mascato, que entraron por diante dos rianxeiros Miguel Rodriguez e Luis Figueira. A tercera praza foi para os irmáns Costa Bouzada, do Kayak Tudense. En mulleres gañou a parella de Sonia Molanes e Verónica Moreno. Tamén houbo medallas para as categorías júnior e cadete.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: