Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Proposta para 2015

O novo porto de Vigo, un "atentado ecolóxico"

Os colectivos de 'A ría non se vende', posiciónanse en contra da ampliación do porto, que lle comería á ría outros 230.000 m2.

Redacción - 13:40 04/04/2008

A Autoridade Portuaria de Vigo pretenden ampliar o porto da cidade olívica en 230.000 m2 máis, alegando a necesidade de "garantir a súa competitividade nos vindeiros anos". Ante esta situación, un total de 14 colectivos unidos baixo o nome de A ría non se vende, veñen de facer públicas as súas protestas contra esta medida que suporía convertir a costa nun "improvisado e desastroso polígono industrial".

O porto vigués conta xa con máis de dous millóns de metros cadrados de recheos, e 960 concesións que, segundo indica a plataforma, "na maior parte dos casos, non deberían existir". Agora barállase esta ampliación do solo industrial para acoller novas concesións, proposta que os colectivos ven innecesaria, xa que se se retirasen todas as naves industriais non relacionadas coa actividade portuaria habería sitio para as novas.

A reorganización desta zona industrial do porto é outra das prioridades que, segundo A ría non se vende, deberían levar a cabo o concello e a Autoridade Portuaria, de xeito que "se utilicen ben os metros cadrados dos que se dispón", e aproveitar de xeito apropiado os recursos, sen estragar esa fonte de riqueza que é a ría.

Proxecto aberto

Dende os organismos oficiais indican que o plan é un "documento de traballo de carácter aberto" a partir do cal fomentar un proceso de "debate social e político". O presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz, amósase positivo e estima que en 2015 "sería unha data razoábel" para que o plan de reforma estea executado ou en vías de execución.


4,69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: