Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Opina que se usará para "multar e recadar"

Feijoo tamén afasta do apoio á lingua no ámbito da Lei de Comercio

O popular enfrontouse a socialistas e nacionalistas, ao tempo que preguntaba se a nova norma vai esixir que os rótulos das tendas vaian en galego.

Redacción - 09:00 04/04/2008

O líder do PPdeG pediulle a Touriño que lle explicase a nova Lei do Comercio (aínda en borrador) para cuxa aprobación o deputado nacionalista Bieito Lobeira pedía esta cuarta feira o apoio dos demais grupos no Parlamento.

"O que queremos saber é se Touriño vai obrigar aos 50 mil comerciantes a rotular en galegos os seus estabelecementos", dixo Núñez Feijoo, ao tempo que dicía que o seu grupo está a favor de "promover o galego" non de "impoñelo". Porén, o líder popular avogou por agardar a coñecer o contido da Lei antes de se posicionar.

Touriño, na súa intervención, respondeulle a Feijoo que o acceso ás subvencións aos comerciantes non se modifica na nova Lei, polo que non vai haber "discriminación" por razóns lingüísticas neste sentido. Tamén salientou que o contido do borrador da Lei do Comercio é unha "iniciativa dun parlamentario" que vai ser estudada "no seu momento". A seguir o presidente do Goberno salientou que o executivo "está comprometido coa lingua, e imos ser escrupulosos co respecto aos dereitos dos cidadáns.

E saíu tamén o Juan Canalejo

O presidente do PPdeG volveu sacar a polémica do cambio de nome do hospital coruñés, asegurando que nacionalistas e socialistas provocaron "unha nebulosa de inseguridade" na política galega e que promoven iniciativas no Parlamento "para que o PP se posicione en contra", e referiuse concretamente á retirada de símbolos franquistas dos edificios que sexan de titularidade autonómica. Feijoo dixo que despois de promover estas iniciativas de xeito común, "logo incúmprense os acordos de forma sistemática".

Respecto disto, o dirixente popular laiouse de que o BNG se teña convertido no "guía do antifranquismo, coma se houbese políticos franquistas" no Parlamento e salientou que nas bancadas que ocupa o PPdeG "dende logo que non os hai". Ao tempo salientou que o seu grupo non quere manter os símbolos que "estean contra a Constitución" pero avogou por respectar os "personaxes da transición española", algo que, na súa opinión, non garanten os partidos no Goberno.

Polo seu lado, e en canto á posibilidade de mudarlle o nome ao hospital coruñés a outros centros de titularidade pública, Touriño salientou que a Xunta vai cumprir os prazos marcados na Lei da Memoria Histórica elaborada polo goberno español.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A polémica dos rótulos comerciais en galego chegou ao Parlamento
A polémica dos rótulos comerciais en galego chegou ao Parlamento
No proxecto da Lei do Comercio recóllese a importancia de respectar os dereitos lingüísticos dos clientes / Flickr: trinamita
No proxecto da Lei do Comercio recóllese a importancia de respectar os dereitos lingüísticos dos clientes / Flickr: trinamita
Rebaixas de até o 50 por cento, en galego / Flickr: septemtrionis
Rebaixas de até o 50 por cento, en galego / Flickr: septemtrionis