Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Turisport tivo máis de 36.000 visitantes

Máis de 36.000 persoas visitaron Turisport 99, a feira de lecer que se clausurou onte en Silleda, para coñecer as máis anovadoras ofertas de turismo, deportes e desenvolvemento rural.

- 13:04 22/03/1999
Tags:

Máis de 36.000 persoas visitaron o Salón de Turismo, Deportes e Desenvolvemento Rual -Turisport 99- para coñecer as diferentes ofertas de lecer alí mostradas. Esta cifra supón un incrmento do 17 por cento respecto do número de persoas que visitaron o certame o pasado ano.

Turisport celebrouse dende o pasado mércores no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, xunto co Salón do Equipamento Hosteleiro e, dende o pasado venres, con Equina 99 e Canina 99.

O principal obxectivo desta feira é contribuír a mellorar a comercialización da oferta presente no salón e das casas de turismo rural e hoteis de Galicia. É por iso que organizou unha bolsa de contratación na que se rexistraron máis de 500 encontros de negocio con 21 touroperadores europeos.

Na xornada de onte, o presidente da Fundación Semana Verde, Xosé Maril, recibiu unha placa dos alcaldes da comarca do Barbanza como recoñecemento ao seu traballo en favor do tecido productivo galego.

En canto aos salóns "Equina" e "Canina", houbo exhibicións de doma clásica e vaqueira, ademais do Concurso Nacional de Beleza, ao que asistiron cans procedentes de todo o Estado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: