O Goberno vixía desde hai varios días os blogs da illa
Yoani Sánchez
Entre os coñecidos pódese indicar a Generación Y e Potro Salvaje. A revista online DesdeCuba tamén conta con varios blogs bloqueados. Generación Y (1,2 millóns de visitas en febreiro) é actualizado por Yoani Sánchez que escribe sobre a vida diaria cando pode e postea desde os hoteis para turistas ou cybercafés dispoñibles.
Potro Salvaje céntra as súas opinións nos problemas de Internet en Cuba e, en particular, nos distintas xeitos de frustrar a censura.
The Economist fai unha descrición de lixeiras melloras desde que Raul Castro se converteu no xefe. A informática serviría para algo coa liberación anunciada e relativa da venda de DVD´s e ordenadores. "A era dixital abriu esta fenda estrana no monopolio do Estado sobre a información," di a revista.
As condicións de exercicio da actividade de blogueiros son especialmente difíciles, porque teñen un número limitado de puntos de acceso para expresarse. Visitar as webs e os blogs en cuestión pode levar unha toleada de tempo debido ao control do Estado.
Segundo El País, Yoani Sánchez non pode acceder directamente ao seu blog para postear mailos seus textos e quen queira ler Potro Salvaje corre o risco de encontrarse diante dunha mensaxe de erro.
Pero a inventiva cubana ten máis dunha carta agochada na manga. Respondendo á iniciativa lanzada por PenultimosDias, os blogueiros chegaron, coordinando a súa acción, a paralizar durante algúns minutos a web de Granma, Diario cubano moi oficial.