Na tempada 2007/2008 batéronse 42 marcas nacionais en pista cuberta
A tempada 2007/2008 en pista cuberta, que rematou a pasada fin de semana, converteuse nunha das máis exitosas dos últimos anos, segundo o balance feito pola Federación Galega de Atletismo. En total foron 42 as marcas que se superaron este ano, entre os que destacan o de Virginia Villar, con 6,6 nos 50 metros vallas, ou os 15,36 metros en triplo salto do júnior Xosé A. Palomares.
A I Copa da Xunta, celebrada no Palacio dos Deportes de Riazor, deixou tamén moi bos resultados, cos logros deportivos do Vila de Cangas en benxamín masculino e feminino e alevín feminino; do ADAS con dous títulos, alevín masculino e infantil feminino, e un dos do San Narciso de Marín en infantil masculino.