Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Acelérase o desxeo

Así esfarela a Antártida o quecemento global

Científicos británicos e estadounidenses fan públicas espectaculares imaxes que mostran como se desfán grandes placas de xeo.

Redacción - 09:15 27/03/2008



Do suceso deron alerta dous centros especializados na investigación sobre a Antártida, o National Snow and Ice Center (NSIC), nos EUA, e a British Antarctic Survey (BAS). Nas imaxes pode verse como a coñecida como "placa de xeo de Wilkins" perde un bloque de arredor de 569 kilómetros cadrados, segundo as estimacións dos científicos.

Os investigadores atribúenlle ao cambio climático este tipo de movementos. Recordan que a placa xa só está protexida por un feble espazo xeado que une o que podería separarse en dúas illas. A placa de Wilkins esténdese agora mesmo nunha superficie de arredor de 14 mil Km2. O aumento medio de temperaturas na zona foi maior ca noutras partes do mundo e, con este episodio, son xa tres as veces en que a placa racha de xeito importante.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: