Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"NA INTERNET, NINGUÉN PODE ADIVIÑAR SE ES UN CAN"

Tontear con descoñecidos na rede

Un 30% das mulleres que recorren a servizos de encontros persoais na rede (Dating Services) relaciónanse logo cos seus contactos na vida real

Redacción - 17:16 25/03/2008
Debuxo de  Peter Steiner

Debuxo de Peter Steiner

É o que revelou unha investigación realizada por Page Padgett, da National Sexuality Resource Center de San Francisco State University.

Publicada en agosto pasado, o estudo acaba de saír de novo á luz por un artigo de Mark Selfe na páxina web da revista Red Herring. Pero o estudo parece real e serio.

Baseado no seguemento de 740 mulleres, 568 das cales afirmaron ter tido un encontro real cun socio ou compañeiro atopado nun desde sitios da web de citas. O estudo de Padgett menciónase tamén nun artigo da revista Online Dating Magazine que engade varios detalles que permiten comprender mellor as cifras do informe.

Algunhas das mulleres que respondían ao cuestionario googlearon os seus posibles compañeiros e fixeron averiguacións para saber de quen se trataban. Releron os intercambios de correos electrónicos para detectaren a presenza de posibles mentiras. O artigo de Read/WriteWeb indica algúns dos sitios especializados na identificación das persoas que se citan a través da web.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: