Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na copa internacional de DAEDO, en México

Medallas e máis medallas para o taekwondo galego

Os taekwondistas de Galiza trouxeron catro ouros, catro pratas de catro bronces deste campionato, preparatorio para o vindeiro Open europeo e para os estatais.

Redacción - 11:50 25/03/2008
Outro dos ouros, Fernando Rascado

Outro dos ouros, Fernando Rascado

Segundo contan dende a Federación Galega de Taekwondo, este deporte segue a súa "exitosa ronda polas competicións internacionais". Dest volta foi na Copa Internacional DAEDO, desenvolvida a pasada fin de semana en La Loma (México), na que participaron preto dun milleiro de taekwondistas de todo o mundo. Entre eles, o equipo dirixido por Juan Luis Martínez Queiruga, do Club Natural Sport-Vidal Armadores.

Os galegos, que estaban en México dende o pasado día 16, conseguiron 12 medallas, de catro en catro (catro de ouro, outras tantas de prata e a mesma cantidade de bronce).

Ouros, pratas, bronces...

Os ouros foron para Nazareth Tilve Costa, Sabela Lonja Dios, José Fernández Rei e Fernando Rascado Rios. As pratas foron para Eric Benito Martinez, Juan Fernandez Rei, Lara Oubiña e Lúa Piñeiro Devesa. E os bronces leváronos Vanesa Alvarez, Rebeca Mariño, Ángel Parada e Javier Sieira.

De volta de México, os galegos e galegas do taekwondo han continuar coa súa preparación para o Open Internacional de Bélxica (Clase A da ETU), e para o Open de España, polo que van estar concentrados (xunto do equipo da Universidade de Valencia e a selección portuguesa) no CGTD de Pontevedra.

Tamén se han preparar para o vindeiro Campionato Estatal Universitario, que se ha desenvolver en Vigo o 9, 10 e 11 de maio e que é clasificatorio para o Mundial.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: