O deseño escollido para ser a imaxe do festival no seu trixésimo aniversario recibirá seis mil euros.
Mariscal fixo o cartaz de 2005, Siro o de 2007; o Festival de Ortigueira ten contado nos últimos anos con grandes artistas e deseñadores, pois, entre os autores da súa imaxe. A deste ano será unha edición especial, ademais, pois neste anos vaise cumprir o trixésimo aniversario do festival, que comezou no verán de 1978.
Os deseños poderán enviarse até o 4 de abril, e deberán remitirse ao Concello de Ortigueira. O xurado terá en conta a calidade plástica, a efectividade promocional ou as condicións de reprodución.