A vila coruñesa ha acoller os oito conxuntos que gañaron as finais do sector desenvolvidas a pasada fin de semana.
A fin de semana pasada unhas dúas mil persoas viron os partidos da fase final do sector que gañaron o HC Liceo-Coinasa "A" e o FM Oviedo Roller. Agora vén a finalísima do Campionato Estatal na categoría júnior, que tamén ha acoller a vila de Ordes, no pavillón polideportivo Castelao, os días 9, 10 e 11 de maio.
Na final han competir oito equipos, tamén o Liceo, que conseguiu o pase a pasada fin de semana, dominando nos cinco partidos que xogaron entre a sexta feira e o domingo.
Os partidos da fin de semana foron seguidos por moitos veciños e veciñas de Ordes, que encheron as bancadas do pavillón, sobre todo para ver ao equipo local, o AC Órdenes, que ao final, a pesares de facer de anfitrión, ficou de quinto e non conseguiu a clasificación para a final.