Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na Copa de España e na Estatal

Tres medallas en vela para Galiza, tamén para os máis cativos

Nos dous campionatos que se desenvolveron na Semana Santa os regatistas galegos conseguiron subir a tres podios.

Redacción - 11:48 24/03/2008

A Copa de España de Vaurien e no Campionato na clase cadete pechaban os campionatos estatais que se disputaban en Semana Santa, e neles a selección galega conseguiu subir tres veces ao podio.

No Campionato Estatal en clase cadete, que se desenvolveu en Mallorca, os vigueses Pablo Fernández e Pablo Ríos, do Club Náutico, conquistaron a segunda praza, mentres que Óscar Gómez e Roberto González, do Liceo de Vilagarcía, terminaron oitavos.

A proba de Vaurien desenvolveuse en Viveiro, e nela Pablo Cabello e Javier Lago, do Náutico de Vigo, dominaron dende o comezo, quedando primeiros en Absoluta. A segunda praza foi para Andrés e Rafael Jiménez, do Náutico de Rodeira. Os dous irmáns tamén foron subcampións na categoría xuvenil.Esta segunda feira, ademais, comeza en Palma de Mallorca o Europeo de 49er, con presenza galega.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: