Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTREA "EN GALEGO"

'Pradolongo' bate récords de público na Rúa e O Barco

Os dous cines nos que se estreou o filme rexistraron na primeira fin de semana máis de 1600 espectadores, con longas fileiras e xente que ficou fóra, sen entrada.

Redacción - 10:00 20/03/2008

O pasado venres 14 estreouse nos cines de A Rúa e O Barco de Valdeorras Pradolongo. A película irá chegando paulatinamente ao resto das cidades galegas nas vindeiras semanas, pero os primeiros días de proxección significaron todo un éxito de público, con datos de asistencia inéditos nestas dúas vilas, xa non para unha película galega, senón para calquera filme que ten chegado aos cines da comarca.

A película ven de xuntar tan só nas sesións de sábado e domingo a máis de 1.600 espectadores (en tan só dúas salas de A Rúa e O Barco), e durante toda a fin de semana producíronse colas nos dous cines nos que se proxecta, e de feito en varias sesións a xente non puido acceder por estar esgotadas todas as localidades.

Sendo unha película falada integramente en galego a distribución comercial tentará achegarse directamente aos espectadores cunha campaña de presentacións en colexios, instituos e asociacións, co apoio do boca-orella e internet, así como de outras canles e axentes.

A película comezará a xirar polo resto das cidades galegas a partir das seguintes datas:
28 de marzo en Ourense
4 de abril en Vigo
11 de abril A Coruña
18 de abril Pontevedra e Narón


4,43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: