Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'THE PASSION'

Grupos relixiosos teiman na protesta por unha serie da BBC sobre Cristo

O documental presenta a crucifixión cunha postura distinta da tradicionalmente representada.

Redacción - 11:00 20/03/2008




Un documental sobre os últimos días de Xesús Cristo, estreado oportunamente pola BBC, xa espertou as críticas dos sectores relixiosos máis conservadores. A serie The Passion, de catro episodios, ofrece a imaxe de Cristo crucificado dun xeito distinto ao tradicional: cos brazos, e non as mans, cravados na cruz e as pernas dobradas.

Algúns teólogos acusaron a televisión pública británica de "reinventar" a Biblia e de "enganar deliberadamente" o público, pero os responsábeis do programa defenden o traballo de investigación en que se basearon. Tomaron como referencia o único esqueleto descuberto dunha persoa crucificada, atopado en Xerusalén en 1968, e que presentaba a mesma posición ofrecida na serie.

A serie está protagonizada por actores populares nas Illas Británicas. Así, o personaxe de Xesús está intepretado por Joseph Mawle, coñecido por ter protagonizado a campaña publicitaria da cervexa Guinness, ou Paul Nicholls, ex-protagonista do eterno folletín Eastenders e que fai de Xudas Iscariote.

Foros de tipo relixioso como Christian Voice criticaron a emisión do espazo, que consideran un intento da corporación pública de conseguir audiencia "distorsionando a realidade". Pero non todas as voces están en contra: o bispo católico da diocese de Arundel e Brighton, Kieran Conry, valorou satisfactoriamente a emisión pola súa "vertente máis auténtica e humana" e por abordar a relixión no horario de máxima audiencia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: