O equipo xogará a tempada que vén na Superliga, despois de lles gañar aos xogadores do Ermita Textil Santanderina e de perder o Lleida en Puerto Real.
Este sábado o Club Vigo Voleibol Valery Karpin conseguiu o ascenso á Superliga, a primeira división do volei estatal, tras gañarlle na casa á Ermita Textil Santanderina.
A falta de dúas xornadas os de Vigo estaban disputando o partido cando souberon que o Lleida acababa de perder na cancha do Puerto Real por 3-0. Daquela o público comezou a animar, porque gañando o Vigo, o ascenso estaba asegurado.
O partido terminou con un 3-0 para o Valery karpin, que comezou segundo terminou o encontro, a celebrar o regreso á máxima categoría do voleibol estatal.
O obxectivo desta campaña estaba conseguido, pero non se pode dicir que as cousas chegaron soas, posto que os mozos que adestra Pablo Alonso tiveron que se enfrontar a un comezo de tempada non moi bo, que finalmente terminou do mellor xeito.