A regatista galega xógase a praza para Beixín no Trofeo S.A.R. Princesa Sofía, xunto á súa patroa, a mallorquina Marina Gallego.
A principal rival de Tamara Echegoyen e Marina Gallego é a dobre medallista olímpica Natalia Vía-Dufresne que asegurou que o vai dar todo para "gañar a selección nacional tras ter conseguido a clasificación de país" xunto a Laia Tutzó no pasado Mundial.
Gallego, pola súa banda, dixo que vai afrontar esta nova regata "con paciencia" debido á lesión da súa tripulante, a pontevedresa Tamara Echegoyen.
Loita polo pasaporte para os Xogos Olímpicos
A proba que outorga os pases finais para Beixín 2008 é o Trofeo S.A.R. Princesa Sofía, que se ha desenvolver entre o 15 e o 21 de marzo nas augas baleares.
Para aspirar a gañar a selección, Gallego e Echegoyen deberían quedar entre as cinco primeiras "e deixar ben atrás a Natalia e Laia", segundo dixo a patroa da embarcación.