Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Novo éxito nas artes marciais

Dúas medallas en Taekwondo e catro en Judo para as seleccións galegas

En Alemaña levaron medalla José Antonio Andrade e Cora González na primeira disciplina. No Campionato estatal da segunda, as medallas foron dúas de ouro, unha de prata e outra de bronce para Galiza.

Redacción - 12:45 11/03/2008
A selección galega de judo júnior

A selección galega de judo júnior

Galiza conseguiu dúas medallas, unha de prata e unha de bronce, no Open de Alemaña de Taekwondo. Unha delas, a de bronce, foi para José Antonio Andrade, Tin vixente subcampión estatal e taekwondista do Mace Sport de Pontevedra. Tin gañoulle aos representantes de Noruega, Suecia e Alemaña na categoría júnior.

A outra, a de prata, foi para Cora González, que conseguiu o metal após caer na final por un só punto ante a vasca Oihane Camino.

Catro medallas para o Judo, nos estatais

A selección galega júnior conseguiu catro medallas (dous ouros, unha prata e un bronce) no campionato estatal de judo, que se desenvolveu esta fin de semana en Madrid.

Ademais das medallas, Galiza conseguiu clasificar a tres dos seus para o circuíto europeo: Sara Álvarez, Daniel Maquieira e Elda García Miramontes.

As medallas
:
Unha de ouro foi para Sara Álvarez, do Judo de Lugo (+78); e a outra para Daniel Maquieira, do Lobeira Villagarcía (categoría +100). A prata foi para Elda García Miramontes, do Riazor Karbo Coruña (-52) e o bronce gañouno Alejandro Sanmartín, do Judo Coruña (-90).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: