Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Só se han escoller cinco corredores

Pereiro vai preseleccionado para Beixín 2008

Entrou no grupo dos doce ciclistas de todo o Estado escollidos para os vindeiros Xogos Olímpicos. Na listaxe tamén están Freire, Alberto Contador e Alejandro Valverde.

Redacción - 12:06 11/03/2008

O ciclista de Mos está entre os doce preseleccionados por Francisco Antequera para competir este agosto nas Olimpiadas de Beixín 2008.

Con Pereiro completan a listaxe Iván Gutiérrez, Joaquim Rodríguez, Alejandro Valverde ( do mesmo equipo que o galego, o Caisse d'Epargne), Óscar Freire (Rabobank), Alberto Contador (Astana), Carlos Sastre (CSC), Igor Antón, Samuel Sánchez (Euskaltel Euskadi), Carlos Barredo, Juan Manuel Gárate (Quick Step) e Juan José Cobo (Saunier Duval).

Destes doce só cinco serán escollidos finalmente pola Federación Española de Ciclismo para correr na proba olímpica de fondo en estrada. Segundo asegurou o seleccionador estatal, seguramente se han dar a coñecer eses cinco nomes durante o Tour de Francia, posto que Antequera quere agardar até que case termine o prazo para crear un equipo propio, para realizar, segundo dixo "a mellor selección posíbel".

Trazado complicado en Beixín
Así o definiu o seleccionador estatal, ao tempo que destacaba os nomes de Valverde, Contador e Samuel Sánchez, corredores aos que cualificou de "mellores bazas" para enfrontarse ao trazado escollido polos organizadores das Olimpiadas nesta proba.

O galego Óscar Pereiro tamén conta con opcións, posto que xa participou no Mundial 2005, onde Alejandro Valverde conseguiu a prata para o equipo estatal, do que formaban parte, tamén, outros dous galegos: Marcos Serrano e David Blanco.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: