O cambio máis significativo é na cidade das Burgas, onde despois da viraxe nas municipais, o PSdeG pasa a ser a primeira forza en votos nas xerais.
A Coruña
A cidade herculina indica un significativo avance do PPdeG, que sobe dous puntos (do 36,9% ao 39,09%). Doutra banda, o PSdeG sofre un descenso importante (queda no 44,70% despois de marcar o 46,34% en 2004). O BNG experimenta un lixeiro retroceso, caendo ao 10,46% do voto, despois do 10,59% de 2004).
Santiago de Compostela
Estabilidade no voto compostelán, onde o PPdeG (44,80% fronte a 44,87% que tivera en 2004). Atrás, o PSdeG descende un chisco máis ca os populares, marcando 36,2% desde o 36,87%. Pola contra, o BNG amosa un incremento lixeiro, marcando un 13,08% en 2008 (12,72% en 2004).
Ferrol
O PSdeG marca a súa mellor tendencia en Ferrol, chimpando ao 43,19% dos votos (tivera o 38,71% hai catro anos). O PPdeG retrocede ao 41,25% (tivera o 43,06% en 2004). O BNG cae ao 8,67% (desde un 10,44% hai catro anos).
Vigo
O PSdeG sobe dous puntos na cidade, sumando o 44,32% dos sufraxios (tivera o 42,44% en 2004). O PPdeG cae ao 38,63% (desde o 39,35%). O BNG mantén cifras moi similares, 11,22% (tivera o 11,29%).
Pontevedra
O PPdeG consegue un importante aumento de apoios na cidade do Lérez, chegando ao 42,31% (tivera o 40,12% hai catro anos). O PSdeG mantén cifras idénticas, quedando no 42,09% (viña dun 42,12%). O descenso máis importante é o do BNG, quedando no 10,51% (tivo o 12,88% e 2004).
Lugo
Estabilidade no voto da capital luguesa, onde os electores deixan un escenario practicamente similar ao de hai catro anos. Desta volta, o PSdeG sae outra vez vencedor, co 43,53% dos votos (viña do 43,43%). O PPdeG descende seis décimas, parando no 41,54% (tivo un 42,33% en 2004). O BNG manten porcentaxes parecidas, sumando o 9,95% (desde o 9,94%).
Ourense
O PSdeG consegue o máis importante aumento urbano de apoios na capital ourensá, onde chimpa ao 44,56% do voto (viña do 38,42%). O PPdeG déixase así o liderado na cidade das Burgas, caendo ao 40,78% (tivo o 43,94% en 2004). O BNG perde tres puntos, conseguindo o 10,27% (desde o 13,72% de 2004).