Os conservadores ceden máis de catro puntos (45.56), os socialistas soben case tres (39,95) e o Bloque aumenta máis dun punto (11,38).
(21.40) Co 32,36% escrutado O PPdeG cae en votos pero obtén máis de catro puntos sobre o PSdeG
Os conservadores ceden máis de catro puntos (45.05), os socialistas soben máis de tres (40,57) e o Bloque non chega a ceder unha décima (11,07).
(21.23)Co 19,6 escrutado.O PPdeG sofre unha hemorraxia de votos pero conserva os dous deputados.
Populares e socialistas reparten os catro deputados en xogo. Porén os conservadores ceden máis de catro puntos (44,65%) e os socialistas soben máis de 3,5 puntos.
(20.48)As enquisas auguran que non vai haber sorpresas en Lugo no que respecta ao reparto de deputados (PSdeG 2 e PPdeG outros dous).