Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

O 100% das mesas abertas, cunha hora de atraso mais sen incidencias relevantes

A Delegación do goberno español en Galiza e mais o Ministerio do Interior confirmaron a normalidade.

Axencias - 12:03 09/03/2008

A xornada electoral iniciouse hoxe marcada pola normalidade e culminou o 100 por cento das mesas abertas con máis dunha hora de atraso, o que supón que os 4.091 colexios en Galicia, segundo os datos do Ministerio do Interior publicados na súa web.

Fontes da Delegación do goberno español en Galiza confirmaron que "non se coñecen incidencias importantes" polo que os interventores e delegados puideron abrir "sen problemas" as mesas galegas.

No entanto, no municipio de Ponte Caldelas (Pontevedra) os operarios tiveron que limpar o pegamento dun dos colexios, problema solucionado antes da apertura oficial da xornada electoral. Tamén, en Compostela, as fechaduras dos colexios electorais da Facultade de Historia -onde vota o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño- e as do Colexio Peleteiro apareceron con silicona.

No distrito 2 de Ferrol, na sección 13 na mesa B-6, que se corresponde co Centro Municipal de persoas maiores non se puido constituír a mesa nun principio porque faltaba unha persoa. Os membros da mesa chegaron a pensar en ofrecerlle ao primeiro votante que acudise ás urnas que ocupase este posto. Finalmente, ás 9.40 horas quedou constituída.

No resto das mesas do país onde se adiou a súa constitución producíronse os "tradicionais atrasos" dalgúns dos membros ou algúns problemas técnicos. As últimas dúas en conformarse están adscritas ao Colexio Provincial de Ourense.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: