Fomento acometerá a mitade do túnel baixo Alfonso Molina a partir do verán, para rematar en Decembro, facendo así que non coincida coas obras dos viaductos.
Segundo os técnicos de Fomento comezou a recta final das obras da Pasaxe, xa que a partir de Xuño estará case todo rematado nas dúas beiras da ponte.
Nembargantes, aínda quedará por rematar o túnel As Xubias-estrada de O Burgo, que comezará no verán e rematará en Decembro. Faranse en diferentes fases para non colapsa-lo acceso.
Os traballos neste lugar serán moi complicados. Un dos puntos máis delicados é repoñe-la tubería xeral do colector do alcantarillado da cidade.
Tamén haberá que habilita-la drenaxe do túnel As Xubias-O Burgo, xa que se trata dunha tubería de grandes dimensións que chegará á ría. Iso suporá facer zanxas de sete e oito metros de profundidade e muros de contención.
Roberto Catoira