Un aparello de imaxes médicas funcionais acoplado a un ordenador permite saber que imaxes son vistas polo cerebro.
Investigadores da Universidade de Berkeley (en California) puxeron en marcha un decodificador experimental de imaxes vistas polo cerebro, que cualificaron de "revolucionario".
Trátase dunha máquina de imaxes por resonancia magnética (IRM) acoplada a un rexistrador e a un sistema informático sofisticado. Publican os seus traballos na revista británica Nature (6 de marzo de 2008).
A máquina non le os pensamentos, como se pode ler en The Guardian, senón que descifra as particularidades da actividade das zonas visuais da corteza cerebral, cando o cerebro ve unha imaxe determinada. Xa é un paso decisivo.