Están por detrás dos australianos Bundock e Ashby, segundo a Federación Internacional de Vela.
A Federación Internacional de Vela amosou a nova listaxe dos mellores regatistas de todo o mundo, e os Fernando Echávarri e Antón Paz mantéñense un ano máis, na segunda posición na clase Tornado, aínda por detrás dos australianos Bundock e Ashby, seis veces campións do mundo. Os terceiros son os holandeses Booth e Nieuwenhuis.
Os dous olímpicos galegos seguen a preparar a súa cita con Beixín 2008, despois de quedaren sétimos no Mundial, disputado hai unha semana.