A empresa, cun volume de negocio anual de 1.560 millóns de euros, ten como prioridade entrar no reparto de concesións eólicas.
O grupo pontevedrés San José anunciou a súa intención de cotizar en bolsa este mesmo ano, logo da absorción da inmobiliaria Parquesol. Segundo datos da propia compañía, no período 2006-2007 San José obtivo un resultado bruto de explotación de 156,4 millóns de euros, un 83,5% máis ca no ano anterior. A cifra de negocio foi de 1.560 millóns de euros (un 19% máis). Porén, a empresa non indica o beneficifio neto.
O desaceleramento do sector da construción, principal fonte de negocio de San José, está obrigándolle á empresa pontevedresa a buscar novas fontes de ingresos. Así, para este ano tamén anuncian a creación dunha división exclusivamente centrada no campo enerxético: San José Energía. A empresa pontevedresa, que xa participa en centrais de biomasa e termoeléctrcias radicadas fóra de Galiza, quere entrar con forza no reparto de concesións eólicas que a Xunta vai facer nos vindeiros catro anos.